jueves, 4 de octubre de 2007

O por que dos Mentos e da Coca-Cola

O POR QUE DOS MENTOS E DA COCA-COLA
Trátase dun proceso físico, non químico, xa que non existe reacción química. A Cocacola está sobresaturada de dióxido de carbono (CO2), por iso cando abrimos a botella saen burbullas, porque a presión iguálase co exterior e o gas fuxe. As burbullas de gas están rodeadas todas elas de líquido e, a única maneira de liberalas, aumentalas ou unílas entre elas é rompendo a tensión superficial deste (axitando a botella). Isto é o que ocorre cando se lle engaden Mentos: a xelatina e a goma arábiga rompen a tensión superficial e liberan as burbullas. Como os Mentos ademáis son porosos, favorecen o proceso.

¿ Por que sae con tanta forza?
Porque o proceso prodúcese moi rápido, e o caudal do dióxido de carbono liberado, sumado a pequena superficie de escape, no caso da botella, fai que a velocidade de escape sexa enorme.
Ah, un consello, non o intedes na casa, non é moi bo para o corpo, dígovolo por esperiencia propia, eu o principio tamen pensei que eran parvadas, pero revolve o estómago. Aínda que bueno, sigo vivo... Así que, a ver que máis experimentos se me ocorren! Pero esta vez hei de probalos primeiro con Guille...

No hay comentarios: