lunes, 22 de octubre de 2007

A HISTORIA DA FÍSICA

Non cabe falar de ciencias fisico-quimicas nas primeiras civilizacións orientais, e tampouco no mundo grego, ata a aparición do pensamento filosófico dos pitagóricos; Platón e Aristóteles, cos que xurdiu a necesidade de comprender o mundo en términos racionais, as suas ideas físicas, propuxéronas mediante sistemas "a priori", e non mediante unha investigación esperimental.
No mundo helénico, Arquímides estudiou no século III a.C. diversas máquinas simples; como o torno, a palanca, o tornillo sen fin, etc, etc, e fundou a hidrostática. A sua obra foi continuada polos enxeñeiros alexandrinos(Filón, Ctesibio, Herón) e, tras o derrumbamento de imperio romano, polos árabes (Avicena). Sen embargo, e a pesar dos esforzos dalgúns precursores da ciencia experimental (R.Bacon, Occam), na Europa da Idade Media seguiu ensinándose a filosofía escolástica de raiz aristotélica e orientación anticientífica.


A FÍSICA NOS SÉCULOS XVI E XVII
No século XVI surxiron algunhas figuras importantes (Copérnico, Stevin, Cardano, Gilbert, Brahe), pero houbo que esperar ata principios do século XVII para que , con Galileo, se impuxese o empleo sistemático da verificación experimental e a formulación matemática das leis físicas. Galileo descubriu a lei da caída dos corpos e do péndulo, e pode ser considerado como o creador da mecánica. Sentou as bases da hidrodinámica e o seu estudo foi continuado polo seu discípulo Torricelli, inventor do barómetro, instrumento que uns anos máis tarde Pascal usou para determinar a presión atrmosférica. Pascal precisou asemesmo o concepto de presión no seo dun líquido e ununciou o teorema da transmisión das presións. Boyle formulou a lei da comprensión dos gases (lei de Boyle e Mariotte)
Na óptica, Descartes estableceu, o mesmo tempo ca Snell (1626), a lei da refración da luz, formulou unha teoría do arco iris e estudou os espellos esféricos e as lentes. Fermat enuciou o principio da óptica xeométrica que leva o seu nome, y Huygens, a quen tamén se deben importántes contribucións a mecánica (teorema das forzas vivas, lei do péndulo composto), descubriu a polarización da luz e, en oposición a Newton, para quen a luz é unha radiación corpuscular, propuso a teoría ondulatoria da luz. Hooke estudou as franxas coloreadas que se forman cando a luz atravesa unha lámina estreita; asemesmo, estableceu a proporcionalidade válida dentro de certos limites, entre o alargamento unitario que sufre unha barra sometida a tracción e a carga que soporta, polo que cabe consideralo como o fundador da elasticidade.
Pero a figura máxima da física do século XVII é Newton, quen formulou as leis fundamentais da mecánica e a lei da gravitación universal, e realizóu importantes contribucións a óptica (aberración cromática, dispersión da luz). Foi tamén , xunto con Leibniz, o fundador do cálculo diferencial.
A FÍSICA NO SÉCULO XVIII
Dende o punto de vista da historia da física, o século XVIII é ante todo o século do desarrollo da mecánica newtoniana e, de maneira concomicante, das técnicas matemáticas necesarias. Moitos dos grandes nomes da física deste século son tamén grandes nomes da historia das matemáticas.
Daniel Bernoulli, D' Alembert, Pitot, Venturi, Euler e Lagrange desenrolaron a hidrodinámica. D.Bernoulli, Euler e D' Alembert foron tamén os fundadores da teoría matemática das vibracións. Así mesmo, Euler estudiou o movemento de rotación dun sólido cun punto fixo, e D' Alimbert e Lagrange crearon a mecánica analítica, que constitue unha formulación distinta da mecánica newtoniana.
No campo da hidrostática e da hidrodinámica, Jurín enunciou as leis da capilaridade (1718), D. Bernoulli estableceu a ecuación do movemento dun fluido sen rozamento. O século VIII foi tamén o século no que se iniciou o estudo experimental dos fenómenos eléctricos e magnéticos, e se formularon as primeiras leis empíricas (Gray, Coulomb).
A FÍSICA NO SÉCULO XIX
O século XIX foi un gran século para a física. Nas primeiras décadas, Young e Fresnel estudaron os fenómenos de interferencia e defracción da luz, e o segundo formulou as leis que os rixen. Seguindo coa óptica, Gauss creou a teoría xeral dos sistemas centrados, Dirchhoff e Bunsen introduxeron a análise espectral (1885), Wollaston e Becquerel descubriron as radiacións ultravioleta, e Herschel, Fizeau e Rubens, o espectro infravermello. Fizeau e Foucault foron os primeiros en medir a velocidade da luz con métodos terrestres (1850). Foucault ideou tamén un célebre experimento no que conseguiu demostrar a rotación da Terra.
No campo da hidrostática, Young desenrolóu o punto de vista que asimila a superficie libre du líquido a unha membrana (1805), e Laplace (1805) e Gauss (1831) definiron a tensión superficial e estableceron as fórmulas fundamentáis. Poiseuille estudou a viscosidade nos líquidos (1849) e Dutrochet descubriu a ósmose (1827).
O século XIX tamén coñeceu o desenrolo da teoría do potencial newtoniano (Laplace, Poisson) e o da teoría da elasticidade (Poisson, Lamé, Navier, Beltrami), así como progresos na hidrodinámica (Stokes) e acústica (lord Rayleigh).
Sen embargo, por riba de todo, o século XIX é o século do desenrolo do electromagnetismo e a termodinámica. O desenrolo do electromagnetismo está ligado ós nomes de Volta, Laplace, Ampère, Oersted, Gauss, Arago, Joule, Kirchhoff, Biot, Savart, Ohm, Faraday, Lenz, Genry, Weber e quizais algún outro, nomes, moitos deles, asociados co dalgunha lei da electrostática, da electrocinética o do electromagnetismo, e/o co dalgunha unidade eléctrica ou magnética. O traballo experimental e teórico destos físicos permitiu a síntese levada a cabo por Maxwell, quen propuxo a teoría electromagnética da luz e compendiou en catro ecuacións toda a teoría do electromagnetismo (1873).
Polo que se refire a termodinámica, no 1824 Sadi Carnot formulou o segundo principio desta ciencia, principio que sería obxeto de novas formulacións por parte de lord Kelvin e de Clausius. Nun experiménto célebre, en 1843, Joule estableceu o equivalente mecánico da calor. Clausius, Mayer, Clapeyron e Duhem completaron os traballos de Carnot, e lord Delvin establaceu a escala absoluta das temperaturas. A mecánica estadística e a teoría cinética da calor debense esencialmente a Maxwell, Boltzmann e Gibbs. Boltzmann adelantouse ó seu tempo relacionando, a través da constante que hoxe leva o seu nome, a entropía dun sistema e a probabilidade do seu estado.

No hay comentarios: